Como foron os resultados do Foro Urbano A Coruña 2030?

O pasado 28 de xuño tivo lugar o Foro Urbano no centro Ágora, de carácter participativo e aberto á cidadanía. Este foi o encontro máis numeroso de todo o proceso participativo da Axenda Urbana e tivo como obxectivo identificar os retos e necesidades actuais e futuras da cidade, así como recoller as propostas e solucións para a súa mellora.

Esta xornada pretendía validar e completar o diagnóstico realizado con anterioridade no resto de accións participativas como os encontros nos centros cívicos e o cuestionario en liña.

Diana Fajardo

A asistencia ao Foro foi positiva, conseguindo unha participación de 96 persoas (78 % das previamente inscritas). Destas, un 53 % foron mulleres, destacando os grupo de idade de entre 30 e 60 anos, aínda que é resaltable que o grupo formado por menores de 30 anos tivo unha participación maior que o de maiores de 60.

A finalidade do Foro é a presentación dos datos obtidos nos diversos procesos participativos e a realización dunha serie de dinámicas participativas como punto final desta fase de A Coruña 2030.

A análise dos datos obtidos no Foro pode resumirse en tres tarefas principais:

  • Transferir e tratar a información obtida.
  • Elaboración dun informe de resultados.
  • Detección dos principais retos  e propostas por cada obxectivo estratéxico do proxecto a Coruña 2030, no seu deseño da Axenda Urbana.
Diana Fajardo

A respecto destes resultados, podemos agrupalos en retos e obxectivos relacionados coas seguintes temáticas:

  • Urbanismo, territorio e medio ambiente: o reto cun maior número de respostas foi o relacionado cunha xestión sostible e eficiente dos recursos. Despois, cuns resultados moi próximos entre si, atópanse retos vencellados ao urbanismo, procurando seguir fomentando a proximidade de servizos, espazos verdes, mellorar a calidade do espazo público nun modelo de cidade saudable e fomentar a mobilidade sostible.
  • Inclusión, equidade, participación cidadá e vivenda: destacou o reto relacionado co acceso á vivenda, seguido de políticas sociais en materia de xénero, orixe ou idade.
  • Empleo, economía urbana e circular: Os retos prioritarios foron todos aqueles relacionados co fomento da actividade económica e o impulso do emprendemento, destacando o relacionado coa necesidade de seguir implantando modelos de economía circular.

Grazas á realización do Foro Urbano A Coruña 2030 podemos contar coa visión de entidades, organizacións de relevancia, axentes económicos, sociais e os veciños e veciñas da Coruña, así como materializar nestes retos a orixe do debate e a interacción xerada neste proceso.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s