A Axenda Urbana é unha política nacional que define a visión de futuro do municipio, as liñas de actuación e os proxectos prioritarios, atendendo aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e aos Obxectivos Estratéxicos da Axenda Urbana Española.
No 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o desenvolvemento sostible e 193 países comprometéronse cos ODS e co seu cumprimento para o ano 2030.
O Goberno español aproba no ano 2019 a Axenda Urbana Española, como política panca para acelerar a implementación da Axenda 2030 en España. A través dela establécese unha folla de ruta que procura facer dos pobos e cidades españolas espazos más sostibles, inclusivos e prósperos.
Máis información: https://www.aue.gob.es/