Por que é importante

A Coruña 2030 é unha oportunidade para:

  • Establecer colectivamente un proxecto de cidade cara ao futuro.
  • Escoitar á poboación e aos barrios, coñecer os seus problemas e propostas.
  • Definir conxuntamente proxectos que ofrezan solucións urbanas realistas.
  • Establecer un diálogo con outras institucións rexionais, nacionais e europeas.
  • Ampliar o diálogo cos municipios veciños e impulsar a visión metropolitana.

A Coruña 2030 define un proxecto de cidade que mira ao futuro e faino dunha forma conxunta e participativa, un plan que posiciona A Coruña como referente da planificación urbana sostible.

Ademáis, a elaboración e aprobación da Axenda Urbana A Coruña 2030 é clave para poder acceder a financiamento público a nivel estatal e europeo.

Que é A Coruña 2030

Axenda urbana