Que é A Coruña 2030

A Coruña 2030 é unha estratexia de cidade que se elabora de forma participativa para deseñar conxuntamente o futuro da Coruña, definindo as liñas de actuación e os proxectos prioritarios, atendendo aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) establecidos polas Nacións Unidas e aos Obxectivos Estratéxicos (OE) da Axenda Urbana Española (AUE). É ademais unha oportunidade para integrar as distintas estratexias sectoriais da Coruña e definir un proxecto a longo prazo para a cidade.

Trátase de traballar de forma colectiva para avanzar na construción dunha cidade con máis espazos verdes, seguros, accesibles e inclusivos. Unha área urbana que promova a igualdade de xénero e o apoderamento cidadán e que afronte o futuro de forma responsable para conseguir un crecemento económico sostido, inclusivo e sostible.

A Coruña é un dos 121 municipios e territorios designados polo Ministerio de Transportes, Medio Ambiente e Axenda Urbana (MITMA) como proxecto piloto da Axenda Urbana. Así, a cidade sitúase nun posto preferente de fronte ao novo período de financiamento europeo 2021-2027.

Este compromiso condénsase na elaboración do Plan de Acción para a Axenda Urbana da Coruña, un documento estratéxico que recolle as accións e liñas de traballo dos principais proxectos urbanos que articularán a visión da cidade nos próximos anos: integración do porto na cidade, plan de transporte metropolitano, cidade das TIC…

Axenda urbana

Por que é importante