O Foro Urbano A Coruña 2030 destacou pola sua alta participación cidadá

Onte celebrouse o Foro Urbano A Coruña 2030 no Centro Ágora, o último encontro participativo para o Plan de Deseño da Axenda Urbana. Neste asistiron máis de 100 persoas tanto a título persoal como representantes de asociacións e entidades locais.

Unha xornada na que se realizaron catro accións participativas a través das cales os asistentes puideron realizar novas suxestións, sumaranse as xa aportadas nos 10 encontros participativos anteriores, levados a cabo en diferentes barrios da cidade e un encontro xuvenil no Espazo O Remanso. Neste último participaron preto de 60 mozos e mozas de diferentes culturas e procedencias.

Tamén, tiveronse en conta as propostas recollidas no cuestionario en liña na páxina web do Concello, no que participaron máis de 300 persoas pertencentes a cidade e a súa área metropolitana.

Así, neste Foro trasladáronse e analizáronse as principais conclusións que se identificaron con anterioridade, para ver cales son os eixos de actuación claves para a cidadanía e os axentes sociais.

A Alcandesa, Inés Rey participou neste Foro e sinalou que “A Coruña é o referente no que se miran outros Concellos limítrofes, e como tal debe ser pioneiro e impulsar un novo modelo de cidade que transforme o conxunto da área metropolitana” e destacou que “O verdadeiro motor de todo este pogreso, desa cidade que queremos construir é a propia cidadanía”.

Ademáis, Inés Rey agradeceu a participación tanto no Foro como no total dos encontros, da veciñanza e dos axentes sociais, e destacou as suxerencias realizadas, que coinciden coas propostas do Goberno Local: zonas verdes, mobilidade sostible e trasformación dixital entre outras, para así avanzar nun modelo de cidade máis igualitario e pensado nas persoas.

A Coruña 2030 é un proxecto de Axenda Urbana que ten o obxectivo de pensar e planificar o futuro da cidade de xeito participativo, implicando aos diferentes axentes no deseño do modelo de cidade e atendendo ás súas demandas para construír unha Coruña futura de forma conxunta.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s