Para a realización do Plan Estratéxico A Coruña 2030, no seu deseño do Plan para a Axenda Urbana, leváronse a cabo diferentes dinámicas participativas onde se buscaba identificar os retos e prioridades do municipio, así como recoller as propostas e solucións prioritarias para incluílas neste documento estratéxico.
Para este propósito, o proceso consistiu en: 1 cuestionario en liña, 2 espazos divulgativos, 11 encontros participativos e 1 Foro Urbano como peche deste proceso.
A participación cidadá nestas dinámicas foi diversa. Tanto no cuestionario en liña como nos espazos divulgativos, as mulleres empregadas de máis de 30 anos tiveron unha maior presencia. Porén, os homes alcanzaron unha participación máis alta nos encontros participativos tendo, neste caso, unhas cifras de idade equilibradas, principalmente maiores de 45 anos. En canto a súa residencia, aqueles veciños e veciñas que colaboraron máis en todo o proceso foron os que residen na cidade de A Coruña.
Durante os encontros participativos, realizáronse diversas actividades co fin de coñecer cales eran os proxectos e materias de interese para a cidadanía e detectar os retos e as súas posibles propostas e solucións.

Plantexáronse 18 proxectos agrupados en tres temáticas diferentes para identificar os máis relevantes para a cidadanía. Entre estas cabe destacar a rexeneración urbana dos barrios máis desfavorecidos, así como a construción da Estación Intermodal de San Cristóbal e dun servizo ferroviario de proximidade para conectar a área urbana da Coruña.
Deste xeito, as diferentes actividades realizadas serviron tamén para detectar as prioridades que teñen presentes os cidadáns no seu día a día, xurdindo así unha serie de propostas e solucións que podemos englobar nos seguintes bloques temáticos:
CAMBIO CLIMÁTICO E MEDIO AMBIENTE
- Ampliar as zonas verdes en toda a cidade e desenvolver unha conexión eficiente nelas.
- Impulso das comunidades enerxéticas e dunha empresa municipal de enerxía.
- Ampliar o número de contedores e mellorar a xestión dos residuos e do aproveitamento dos residuos orgánicos.
URBANISMO
- Creación de políticas públicas que faciliten o alugueiro e a compra da primeira vivenda.
- Impulsar unha mellora do parque de vivendas para mellorar a accesibilidade e garantir unha eficiencia enerxética que permita a redución do consumo das vivendas.
- Avanzar nun modelo de cidade que permita a reactivación dos barrios mediante a mellora da súa situación económica, dos seus servizos e cunha mellor conexión entre eles.
COHESIÓN SOCIAL E BENESTAR
- Mellora das políticas sociais respecto á exclusión social.
- Fomentar os espacios interculturais e axilizar os trámites para poder acceder á formación profesional deste colectivo.
- Dotación de recursos as entidades e administracións públicas para afrontar os diversos problemas de saúde mental.
EMPREGO, ECONOMÍA E INNOVAVIÓN DIXITAL
- Retomar a produción en certos sectores industriais e impulsar novos sectores baseándose na produción sostible.
- Fomentar a produción de proximidade.
PARTICIPACIÓN E TOMA DE DECISIÓNS
- Aumentar o orzamento do programa dos orzamentos participativos e desenvolver canles de información e participación dun xeito inclusivo e con maior presencialidade.
- Seguir mellorando a conexión entre os concellos e outros entes administrativos, así como mellorar a cooperación entre os concellos da área metropolitana.
