Rematan os encontros participativos para o deseño de A Coruña 2030

Do 19 de maio ao 7 de xuño realizáronse 11 encontros participativos e 2 espazos divulgativos, accións abertas á cidadanía para detectar retos e propoñer actuacións dentro do marco deste programa.

A participación cidadá tivo lugar en 10 centros cívicos de diferentes barrios da cidade e no centro xuvenil O Remanso. Estes centros foron: CC Mesoiro, CC Labañou, CC Os Rosales, CC San Diego, CC Elviña, Centro Ágora, CC Os Mallos, CC Artesanos, CC Castrillón e CC Monte Alto.

Para facilitar a participación cidadá a estos encontros, levaronse a cabo a diferentes horas e días da semana, dando así a oportunidade a que cada persoa puidese participar no espazo que mellor lle conviñese.

Estes encontros seguiron unha mesma estrutura:

  • Presentación inicial do proxecto.
  • Breve cuestionario inicial ánonimo para recoller datos dos participantes.
  • Grupos de debate, onde intercambiaron opinións e propostas de futuro.
  • Posta en común cos problemas e solucións detectados.
  • Cuestionario final para recoller opinións individuais de forma anónima.
  • Mapa dos desexos, onde os participantes plasmaron no mapa a súa cidade do futuro.

En canto aos espazos divulgativos, estes realizáronse na Praza de Lugo e na Coraza do Orzán. O obxectivo foi a información cidadá para a participación nos encontros, e a divulgación de A Coruña 2030.

Estivo tamén a disposición cidadá un cuestionario en liña para axudar a identificar os retos, necesidades da cidade e recoller as propostas compartidas por parte da cidadanía.

Este cuestionario conformouse por un total de 36 preguntas divididas nunha serie de bloques temáticos:

  • Medio Ambiente
  • Urbanismo
  • Cambio Climático
  • Recursos e residuos
  • Mobilidade
  • Convivencia e cohesión social
  • Actividades económicas
  • Vivenda
  • Transición dixital
  • Gobernanza e participación

A última parte do cuestionario incluía unha pregunta aberta de reflexión para que os participantes poidesen engadir calquera outra información adicional sobre o futuro da cidade.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s