Preséntase A Coruña 2030, o plan para a túa cidade do futuro

Inés Rey deu a coñecer o 18 de maio este plan que impulsa e deseña o Concello, no que participaron representantes dos axentes sociais e económicos locais e a cidadanía, en apoio deste proxecto para a construcción dunha cidade máis sostible e amigable.

A Coruña 2030 presentouse nun acto que tivo lugar no Centro Ágora, e no que contou ca participación de nel Yoya Neira, Concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade de A Coruña; . Julio E. Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña; Alicia Fernández Vila, Directora de Sostenibilidade en Valora Consultores ; e Álvaro Pérez Sancho, Vicepresidente de AVV de Palavea.

Fuxindo do formato máis tradicional de rolda de prensa, realizouse un evento participativo que representou o espírito colaborativo na elaboración da Axenda Urbana, e a búsqueda común entre diferentes axentes de un futuro mellor para a cidade.

Desta maneira, o evento comenzou coas intervencións de Inés Rey e Yoya Neira; para despois, dar paso a un espazo de debate onde os representantes do ámbito social, empresarial e académico puideron intercambiar opinións acerca da importancia do proxecto.

Este acto marcou o comezo da participación cidadá para A Coruña 2030, formada por 10 encontros participativos, 1 encontro xuvenil e 2 espazos divulgativos, así como a través dun cuestionario en liña na web do Concello.

A Coruña 2030 busca un cambio na cidade de forma integral e participativa. Dándolle prioridade aos espazos públicos verdes, seguros, accesibles e inclusivos. Unha área urbana que promova a igualdade de xénero, o apoderamento cidadán e que afronte o futuro de maneira responsable para obter un crecemento económico sostido, inclusivo e sostible.

A Coruña é un dos 121 municipios e territorios designados polo Ministerio de Transportes, Medio Ambiente e Axenda Urbana como proxecto piloto da Axenda Urbana. Así, a cidade sitúase nun posto preferente de fronte ao novo período de financiamento europeo 2021-2027.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s